Con esta intervención conclúe unha necesaria mellora nas infraestruturas viarias do municipio, dando resposta ás demandas da veciñanza para garantir a seguridade e a funcionalidade da vía.
A actuación supuxo un investimento total de 48.399,96 euros. O financiamento destas obras levouse a cabo mediante a achega correspondente ao Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.
Os traballos consistiron na reparación integral e na renovación da capa de rodaxe da rúa Carreira, que presentaba deficiencias debido ao paso do tempo e ao desgaste polo tráfico continuado. Grazas a esta pavimentación, conséguese unha superficie moito máis regular, cómoda e segura.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, sinala que “o mantemento e modernización das rúas e vías de comunicación de todo o termo municipal é unha prioridade”.