Como responsable do tratamento dos datos persoais que mañexa da veciñanza, o Concello de Carballo, a través do seu alcalde, Evencio Ferrero, emitiu un comunicado informando que este ataque informático tivo como consecuencia que persoas alleas á entidade que representa poderían ter accedido á súa información persoal e a da súa familia, e podería afectar a todos os datos persoais dos que dispón o Concello.
Aínda que tan pronto como se detectou o incidente púxose en marcha o protocolo de seguridade co que conta o Concello poñendo adicionalmente os feitos en coñecemento d o Centro Criptolóxico Nacional, a Axencia Española de Protección de Datos e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado competentes, informan desta circunstancia para que a veciñanza estea especialmente atenta ás comunicacións electrónicas ou telefónicas que poida recibir e que poidan resultar sospeitosas de ser fraudulentas, así como a calquera actividade, fóra das habituais, relacionada cos seus datos persoais ou os dos membros da súa familia, nas vindeiras semanas.
Para calquera dúbida acerca deste incidente, ou para solicitar información adicional, poderá dirixirse ao Delegado de protección de datos do Concello, a través do correo electrónico lopd@carballo.gal
30