Esta campaña de prevención do cancro de pel levarase a cabo durante o verán coa finalidade de inculcar na poboación hábitos saudables de exposición ao sol.
A partir do día 15 de xullo estarán dispoñibles na bibliopraia de Razo folletos con información útil, consellos e recursos de interese, así como postais co lema “Eu quero a miña pel protexida en Carballo”, que inclúen unha imaxe do areal de Razo-Baldaio e os tres consellos fundamentais que pretenden trasladarse con esta campaña:
Evita o sol entre as 11.00 e as 17.00 h
Cubre a cabeza e a pel con roupa
Utiliza crema de protección solar, preferentemente FPS50
Así mesmo, na megafonía das praias poderá escoitarse a animada canción gravada pola AECC para reforzar esas mensaxes.