No marco das accións de apoio ao sector primario e en resposta á demanda crecente de formación no ámbito agrario, o Concello de Coristanco anuncia a posta en marcha dun curso de nivel cualificado en aplicación de produtos fitosanitarios, a través dunha entidade acreditada.
Este curso, dirixido a persoas que precisen o carné cualificado para o manexo profesional de produtos fitosanitarios, forma parte das medidas que o Concello está a desenvolver para facilitar o acceso á formación homologada sen necesidade de desprazarse fóra do municipio.
A iniciativa insírese no compromiso do Concello coa promoción do rural como motor económico, social e cultural, apostando pola capacitación técnica da veciñanza e polo apoio directo ás actividades do sector agrícola.
- O curso será impartido por unha entidade oficial acreditada
- Terá lugar en Coristanco
- As datas concretas serán comunicadas nos vindeiros días, en función da demanda
As persoas interesadas poden xa inscribirse ou solicitar información adicional a través dos canais oficiais do Concello.
Dende o Concello, reiteran o seu compromiso coa mellora das condicións e oportunidades para o medio rural, apostando por unha formación de calidade, accesible e adaptada ás necesidades reais do territorio.