O Concello de Coruña traballa cun plan municipal de emerxencias validado pola Xunta no ano 2000

1 minutes read

O último plan de emerxencias municipal co que conta o Concello de Coruña é do ano 2000. Polo menos é o que está homologado, xa que en realidade si que existe un máis actual, que data do 2015; con todo, este non está validado pola Xunta. Desde o Concello sinalan que este último é o documento de referencia para o traballo dos diferentes departamentos municipais e normativas.

O plan municipal de emerxencias (PEMU) é un documento que se elabora a partir do Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma e no que se plasman o protocolo a seguir e as actividades a desenvolver cando hai algunha emerxencia, ou para a prevención da mesma. Polo xeral ten un fin preventivo e de autoprotección.

Segundo explica a Dirección Xeral de Emerxencias no seu modelo de documento para os concellos, o PEMU ten que establecer, en primeiro lugar, un mapa de riscos, as zonas afectadas, a estacionalidade e a vulnerabilidade ante cada risco concreto.