O Concello de Malpica abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro ‘Pintar na rúa’

1 minutes read

Trátase dunha proposta artística e educativa que se consolida como unha das actividades de verán máis demandadas. O seu obxectivo é fomentar a creatividade das nenas e nenos do municipio ao tempo que se recuperan espazos públicos a través da arte urbana.

O obradoiro desenvolverase do 11 ao 31 de xullo de 2025, e contará con dous turnos adaptados ás idades das persoas participantes:

  • De 10.00 a 12.00 horas para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos
  • De 12.00 a 14.00 horas para nenas e nenos de 6 a 10 anos

Cada grupo contará cun máximo de 15 prazas e o prezo da actividade será de 12 euros por participante.

As inscricións poderán realizarse nas oficinas xerais do Concello ata o 12 de xullo, en horario de atención ao público.

Para formalizar a inscrición, as familias deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Copia da tarxeta sanitaria da/o rapaza/z
  2. Copia do DNI da nai, pai ou titor/a legal que realiza a inscrición
  3. Copia do libro de familia, sentenza xudicial ou calquera outro documento válido en dereito que acredite a tutela da/o menor
  4. Número de conta bancaria

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Malpica ou chamar ao teléfono 981 707 104.