O Concello de Malpica continúa coas melloras viarias

1 minutes read

O alcalde de Malpica, Eduardo José Parga Veiga, firmou a acta de replanteo de obras que se van executar dentro de varias semanas no termo municipal. Todas elas serán financiadas co remanente de tesourería.

As obras son as seguintes:

Mellora da capa de rodadura dos camiños en Aviño por un importe de 34.606 euros

Mellora da pavimentación da Rúa Ramona Criado por un importe de 41.421,50€

Mellora da capa de rodadura dos camiños de Asalo por un importe de 34.727€

Mellora da pavimientación dos camiños en Cambre. 

Estas obras foron adxudicadas á Construcciones López Cao S.L.

Mellora da pavimentación dos camiños de Aviño por un importe de 43.923€ foi adxudicada a Obras Xerais S.L.