O Concello de Malpica extrema as medidas sanitarias na programación de Nadal

1 minutes read

A Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, que representa Noelia Freijeiro Novo, extremará as medidas de prevención da transmisión do covid-19 nas actividades previstas para este Nadal.
En todas as programadas para os próximos días se terán en conta as premisas que se describen a continuación:

  1. Será obrigatorio o uso da máscara durante a actividade e a desinfección das mans ao inicio da mesma.
  2. Limitaranse os aforos en todas as iniciativas.
  3. Estará prohibido inxerir comida e bebida durante as actividades, tanto no interior como no exterior.
  4. Tomaranse medidas adicionais que posibiliten ás/aos usuarias/os manter as distancias de seguridade en cada unha das actividades.
    No caso da festa infantil prevista para hoxe, día 30 de decembro, haberá que ter en conta, ademais, as seguintes indicacións:
  5. Esixirase o certificado covid a todas/os usuarios maiores de 12 anos.
  6. Reducirase a duración a 2 horas. O novo horario da actividade será de 17.00 a 19.00 horas.
  7. Estableceranse aforos máximos para cada unha das actividades da festa infantil.
  8. Tomaranse medidas complementarias que posibiliten manter as distancias de seguridade.
    A responsabilidade individual e colectiva é a maior garantía para a nosa saúde e a das/os nosas/os achegados/as.