36
- A partir deste luns xa se pode pedir cita a través dun formulario en liña
O Concello de Malpica prepara un formulario en liña para solicitar cita previa nas oficinas municipais, o cal se pode cumplimentar desde este luns a través deste enlace.
Á parte dos datos de contacto básicos, tamén se pode elixir a modalidade preferente da cita, si é urxente ou non e deixar un comentario explicativo.
«Pensamos que a mellor idea para xestionar as citas presenciais é así, aínda que tamén temos habilitada a liña do Concello para toda a xente que non poida, ou non o considere así, solicitar cita a través desta ligazón”, destaca o rexedor malpicán, Walter Pardo.