O Concello de Malpica mellora os camiños municipais en O Campelo e A Xesteira

1 minutes read

Estas actuacións, cun investimento de máis de 76.000 euros, están incluídas no Plan de Camiños Rurais 2025-2026 da Xunta de Galicia, un programa destinado a reforzar as infraestruturas viarias no medio rural e a garantir unhas comunicacións máis seguras e eficientes para a veciñanza. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras, Miguel Fernández, supervisaron o estado no que quedaron estes camiños municipais tras a súa reparación e acondicionamento.

Os traballos realizados permitiron mellorar o estado do firme, incrementar a seguridade viaria e facilitar o acceso ás vivendas e parcelas destas zonas, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e ao mantemento do territorio.

Desde o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de investimentos para seguir avanzando na conservación e modernización da rede de camiños municipais, especialmente nas áreas rurais, fundamentais para a actividade diaria da veciñanza e para o desenvolvemento económico e social do municipio.