O Concello de Zas solicita unha reunión urxente con Educación sobre o CEIP de Baio, A Consellería respondeu

2 minutes read

O Concello de Zas vén de solicitar unha reunión de carácter uxente tras coñecerse a ausencia total de investimentos  autonómicos no CEIP de Baio, a pesar dos compromisos adquiridos hai preto de dous anos.

Precisamente ese tempo é o que leva traballando o goberno local coa ANPA  e a dirección do centro de xeito coordinado coa Consellería de Educación dependente da Xunta de Galicia para impulsar unha mellora integral neste centro, o que incluía, presuntamente, o cambio na cuberta, melloras no edificio, no comedor e noutras instalación. Estes compromisos xa foran trasladados persoalmente ás tres partes e mesmo técnicos da propia Consellería visitaron o centro para poder contratar as obras comprometidas.

Durante todo este tempo, desde a Administración local optouse pola discreción, confiando plenamente na palabra dada e priorizando o resultado final por riba da confrontación pública. Proba diso é que, como parte do acordó, o Concello asumiu e executou actuacións pola súa conta, como a reparación das baixantes do edificio novo do colexio. Porén, a ausencia do CEIP de Baio nos anuncios de investimento autonómico supón un incumprimento do compromiso adquirido.

A preocupación e o malestar xorden, precisaente agora, ao comprobar que aquilo que se daba por resolto non se reflicte en ninguna planificación oficial, o que leva agora ao Concello de Zas, á ANPA e á direccióndo centro a reclamar explicación e a valorar conxuntamente as medidas que se poden adoptar.

O alcalde, Manuel Muiño, quixo destacar que “por riba das cores políticas ten sempre que existir un obxectivo común, que non é outro que mellorar as condición de traballo diario de profesores e alumnado nun eido, a educación, no que todos os medios son sempre poucos. É innegociable que este é un piar fundamental da nosa sociedade, e amosamos o noso malestar, así como o de toda a comunidade educativa, para coa Consellería de Educación tras ningunear un traballo colectivo de case dous anos”, asegurou.

O seguinte paso, recalca o primeiro edil, será “estudiar a adopción de medidas en colaboración coa ANPA, para que a Consellería de Educación execute o comprometido.”

Resposta da consellería

Cómpre sinalar que a Consellería de Educación emitía unha nota na tarde deste venres sinalando que ten neste momento en redacción o proxecto de rehabilitación integral deste centro, co obxectivo de avanzar na súa concreción a nivel técnico.

As previsións iniciais sitúan o orzamento desta intervención en torno a 1.000.000 €. Licitarase cando todo o expediente administrativo-arquitectónico estea rematado.

O conselleiro comunicoullo, de feito este venres ao alcalde de Zas.