O Concello de Malpica rematou as obras de mellora no núcleo de Santiso

1 minutes read

As obras consistiron na mellora das infraestruturas, rede de pluviais e pavimentación deste núcleo, unha actuación incluída no Plan Único (POS+)  correspondente ao ano 2023.

As obras foron executadas pola empresa SYR-AMG, SL, cun orzamento total de 172.634,68 euros. O proxecto tiña como obxectivo principal a mellora da rede de recollida de augas pluviais, así como a renovación dos pavimentos, co fin de optimizar as condicións de accesibilidade, seguridade e confort da veciñanza.

Desde o Concello agradecen a colaboración da veciñanza durante o tempo de execución dos traballos e destacan a importancia deste tipo de actuacións para seguir mellorando os servizos e a calidade de vida no rural.

“Seguimos apostando por mellorar os espazos públicos e as infraestruturas das nosas parroquias, atendendo ás demandas da veciñanza e facendo un uso eficiente dos recursos públicos”, sinalan desde o goberno local.