O Concello de Muxía aproba os orzamentos para este 2020 por case 4 millóns de euros

1 minutes read
  • Fundaméntanse en dous piares principais: as melloras infraestruturais e de mantemento en todo o termo municipal e na impulsión dos asuntos sociais

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos do exercicio 2020, case 4 millóns de euros -3.812.381,53 euros-. A esta cantidade hai que sumarlle os suplementos aprobados recentemente, cos que a administración muxiá disporá dun total de 4,7 millóns de euros.

Están baseados en dous piares fundamentais: as melloras infraestruturais e de mantemento en todo o termo municipal e a impulsión dos asuntos sociais. Ademais dos servizos correntes, tamén se incluirá, no referente ás materias de medio ambiente, a mellora na xestión do punto limpo e nos servizos sociais. Este último punto contará cunha partida especialmente forte, xa que pasará de recibir 26.000 euros a 220.000.

O alcalde, Iago Toba, comezou a sesión informando da importancia a nivel social que supón a aprobación destes orzamentos xa que «son unhas partidas reais e realistas, porque responden ao novo contexto que estamos a vivir nos últimos meses, así como a que nos tocará vivir nun futuro moi inmediato’, sinalou o rexedor.

Cabe destacar, tamén, que o Concello de Muxía presenta un endebedamento de 0 e que se doblará o gasto en axudas de emerxencia e taxis, para dar cumplimento así ás posibles novas realidades.