O Concello de Muxía confirma dous casos positivos por coronavirus

1 minutes read
  • Os afectados son unha parella que non mantivo contacto con ninguén e non acudiu a espazos públicos

Este luns a comisión de seguemento do coronavirus no concello de Muxía indicou que no municipio hai dous casos confirmados.

Trátase dunha parella que se atopa confinada na vivenda desde fai uns días e que, segundo publicou o alcalde muxián, Iago Toba, non tiveron contacto con ninguén «que non esté identificado nin acudiron a ningún espazo público por precaución».

Aínda así, Toba lanzou unha mensaxe de calma, xa que estes casos están sendo controlados continuamente. Pide ademais que a poboación permaneza nas súas casas.

No municipio reforzarán o servizo de axuda a domicilio para casos de vulnerabilidade e risco e, desde o goberno, crearán un servizo de axuda psicolóxica atendida telefonicamente por profesionais que entrará en funcionamento este martes 24, e onde se atenderaán todos os casos priorizando problemas.