- O retablo destruírase no ano 2013 nun incendio causado por un raio
A Igrexa e o Concello de Muxía retoman o proxecto de reconstrución do Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca, o cal inclúe unha réplica exacta da imaxe da Virxe.
O rexedor, Iago Toba, mantivo contacto durante varias semanas co párroco da Barca, Manuel Liñeiro, co xefe de Proteción Civil, Ramón Pérez, e cunha empresa especializada en reconstrución de retablos e reparacións en espazos relixiosos, para darlle forma a un proxecto que levaba anos nun caixón, e tamén para coordinar o modo de obter financiamento.
O Altar Maior resultou danado, entre diverso material, nun incendio declarado a finais do ano 2013 cando un raio impactara contra o templo. Agora, o Concello pretende buscar unha alternativa para poder restaurar esta peza tan importante para o pobo muxián.
“Para Muxía ten moitísimo valor e un alto significado cultural, social e emotivo, todo o relativo á Virxe da Barca. A nosa vontade é que este santuario volva lucir como no pasado, e comezaremos os movementos para que así sexa», destacou Toba.