- Está situado no Multiusos da Camposa, un espazo rehabilitado recentemente polo goberno local
O novo Xulgado de Paz de Muxía, situado no edificio Multiusos da Camposa (Rúa José María del Río), xa está operativo e dispoñible para toda a veciñanza.
Esta nova ubicación, nun local recentemente mellorado, vén a facer efectivo «un acordo plenario de fai anos», destacou o alcalde, Iago Toba. Ademais, conta coa aprobación dos responsables da administración Xudicial que dirixen os Xulgados de Paz a nivel autonómico.
Estas oficinas son de nova construcción, independentes, e con varios servizos. Contarán con aseos, sala de espera, oficina administrativa xeral, ventá de atención ao público, arquivo propio e unha estética máis actual.
Actualmente o baixo da Casa do Concello (onde se situaba antes o Xulgado de Paz) está sendo reformado para albergar todos os departamentos de asuntos sociais na mesma planta, incluíndo un novo espazo para o Centro de Información á Muller-CIM, con máis intimidade para as usuarias.
A Policía Local de Muxía tamén estreará novas dependencias na Casa Consistorial, cunha entrada completamente independiente.