O Concello de Muxía pide colaboración para a elaboración dunha guía empresarial

1 minutes read
  • Esta guía permitirá coordinar mellor a reactivación económica do municipio e a promoción da actividade empresarial local

O Concello de Muxía súmase á elaboración dunha guía empresarial para a que pide a colaboración de todo o tecido empresarial do municipio para poder coordinar mellor unha reactivación económica moi necesaria no concello.

A través deste enlace, as compañías poderán dar os seus datos para poder construír unha guía empresarial que axudará a promocionar o tecido empresarial local.

Desde o Concello tamén están preparando a campaña «Muxía, destino seguro», para promocionar a localidade como un lugar seguro e con materia prima de primeira calidade, tendo en conta ademais que Muxía é un dos concellos da Costa da Morte que máis depende do turismo.

As tarefas de desinfección seguen en marcha, sobre todo en edificios municipais ou de especial importante como a biblioteca, que o goberno local pretende activar para a semana que vén. Ademais, xa comezaron algunhas actividades de limpeza no rural e recollida de refugallos.