73
- Durante dous meses traballarán nas praias da Ermida, Balarés e Osmo
O Concello de Ponteceso inicia o proceso de contratación de socorristas para a tempada de verán nas praias da Ermida, Balarés e Osmo que, un ano máis, volven ter o distintivo de Bandeira Azul pola calidade das súas augas.
Contrataranse seis socorristas por dous meses que prestarán o servizo de vixilancia, salvamento e socorrismo de praias, así como das instalacións asignadas.
Consulta aquí as bases da convocatoria.