O Concello de Ponteceso presenta unha ambiciosa programación cultural e deportiva

2 minutes read

O Concello de Ponteceso presenta unha ambiciosa programación de actividades municipais para o curso 2026-2027, dividida en dous programas principais: as Escolas Culturais e Deportivas e o programa Activando a Mente, totalmente gratuítas. Segundo o goberno local, destacan o importante número de actividades deportivas e de benestar social, enfocados ao envellecemento activo.

No que se refire ás Escolas Culturais e Deportivas (2026-2027), o Concello ofrece disciplinas deportivas, artísticas e de benestar repartidas en dous núcleos principais: Ponteceso e Corme. O goberno local destaca a importancia que teñen estas actividades para os veciños e veciñas de todo o concello polo que estendeu a programación para chegar ao maior número de xente posible.

No Pavillón de Ponteceso e no Edificio das Escolas a oferta cultural e deportiva inclúe: Ximnasia Rítmica, Fútbol Sala, Ximnasia de Mantemento, Adestramento Funcional, Patinaxe, Zumba, Ximnasia para Maiores, Danza, Teatro, Hatha Ioga, Judo, D’arte, Xadrez e Cerámica para Adultos.

En canto ao Pavillón e Casa do Mar de Corme a oferta inclúe Ximnasia para Maiores, Hatha Ioga, Patinaxe, Fútbol Sala y D’arte.

O día 21 de setembro darán comezo as actividades deportivas para persoas adultas e o prazo de inscrición comezará o vindeiro día 10 de setembro e se alongará ata o día 17. A inscrición poderá realizarse por vía presencial, no departamento de Deportes, de 9:00 a 14:00 horas, ou na Oficina Municipal de Corme:, o  11 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas. O sorteo de prazas terá lugar o 18 de setembro ás 12:00 h (Salón de Plenos).

Por outra banda, as actividades das Escolas Deportivas para público xeral comezará o día 5 de outubro e  o prazo de inscrición será do 21 ao 25 de setembro. Canto á inscrición presencial poderá realizarse no departamento de Deportes, de 9:00 a 14:00 horas, ou na Oficina Municipal de Corme, o 21 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas. Tamén haberá un sorteo de  prazas o vindeiro 29 de setembro ás 12:00 horas, no Salón de Plenos.

ENVELLECEMENTO ACTIVO

Por outra banda, o programa Activando a Mente (Outubro 2026 – Maio 2027) programa obradoiros enfocados ao envellecemento activo, totalmente gratuítos, que se imparten nos locais sociais das parroquias  (Corme, Corme Aldea, Ponteceso (As Escolas), Tella, Campara, Tallo, Pazos, Anllóns, Brantuas y Xornes). Destacan o de Estimulación da Memoria, Uso do móbil, Macramé, Cestería, Manualidades, Coiro, Cociña, Bailes de salón, Flores e Arranxos de Nadal.

As actividades comezarán o vindeiro 5 de outubro e o prazo de inscrición poderá realizarse desde o día 10 ata o 17 de setembro.

Neste caso, a inscrición será preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello ou presencial no departamento da Educadora Familiar, de 9:00 a 14:00 horas, ou na oficina municipal de Corme, de 9:30 a 13:30 horas. Haberá un mínimo de participantes de 10 por actividades.