O alcalde da cidade, José Luis Sanz Ruiz, defende que é unha medida “fundamental para o mantemento deste monumento emblemático” e que non afectará os veciños sevillanos. “Esto vai permitir que a Praza de España teña tarefas permanentes de mantemento e restauración […] Non estamos a privatizar nada”, engade. Ademais, o alcalde expresa que é partidario de ter “unha taxa turística a condición de que o pida o sector”.
Os empadroados en Sevilla e os nados na capital e na provincia estarían exentos de pagar. O Concello, titular do espazo da praza comprendido entre os bancos das provincias e a balaustrada, propón crear un itinerario turístico-cultural polo interior da Praza de España suxeito a “unha tarifa non disuasoria sustentada nun estudo comparativo” que, ao seu xuízo, “tería gran aceptación e unha significativa capacidade para xerar ingresos”.
Estes ingresos serían repartidos entre o Estado e o concello nun 25% e un 75%, respectivamente.