O Concello de Vigo abre unha exposición sobre a evolución urbanística da cidade

1 minutes read

O alcalde asistiu este martes á apertura da mostra, situada na planta baixa do Auditorio Mar de Vigo, e puxo en valor a visita que permite ver nos planos o Vigo “do pasado, o actual e o do futuro”.

Para o rexedor olívico “é moi interesante ver nos planos o Vigo que imos seguir facendo”, polo que recomendou á cidadanía realizar a visita xa que explica de forma didáctica a evolución de Vigo no tempo. A exposición está aberta, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Entre outras imaxes, a exposición exhibe a fotografía aérea máis antiga de Vigo, “a foto dos americanos realizada no ano 1956, que resulta ilustrativa porque non está Citroen e xa está o aeroporto”, explicou Abel Caballero. Ademais, a través dos planos, os visitantes poden ver cara onde camiña a cidade co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.