O Concello de Vigo aproba o ‘X Programa de Murais’ cun orzamento de 480.000 euros

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente de contratación das obras do X Programa de murais artísticos nas medianeiras da cidade cun orzamento de 480.000 euros.

A previsión é que se realicen “máis de 12 actuacións” na cidade, tanto espazos públicos como centros educativos. Farase en dúas fases, na primeira, actuacións preparatorias de selección de espazos, artistas e centros educativos; e na segunda, a execución dos murais.

Con este proxecto, “iniciado no 2015”, o goberno municipal quere “mellorar a imaxe urbana da cidade”, executando ata a actualidade “177 intervencións artísticas”, na que se inclúen 131 medianeiras e 46 murais en colexios.