46
O Nadal de Vigo estará presente en doce cidades de España e Portugal grazas á campaña publicitaria do Concello para promover as festas. O alcalde, Abel Caballero, anunciou este luns que se están a instalar «mupis» en nove cidades españolas e tres portuguesas.
Así, estarán activos ata o 1 de decembro, é dicir, durante dúas semanas, soportes publicitarios en mobiliario urbano de Oviedo (40), Gijón (40), Avilés (25), Burgos (25), Salamanca (40), Pontevedra (30), Bilbao (25), Vitoria (25), San Sebastián (25), Oporto (60), Coimbra (30) e Braga (30).
Ademais, o rexedor anunciou que se despraza a Madrid para participar nunha nova acción de promoción do Nadal de Vigo na estación de autobuses.