O Concello de Vigo recibe 900 pantallas protectoras fabricadas na cidade

0 minutes read

Abel Caballero trasladoulle a Enrique Mallón, presidente da Asociación de industrias metalúrxicas, e a Daniel Villanueva da Universidade de Vigo o “agradecemento da cidade” polo traballo desenvolvido para fabricar e entregar 900 escudos faciais que foron entregados ao Concello para axudar na protección dos profesionais municipais que interactúan coa cidadanía. Recoñeceu o rexedor “a importantísima contribución á cidade e ao Concello”, que supón a recepción deste material e eloxiou o papel de Asime e da Universidade que “motu propio reman ao lado das necesidades de Vigo e Galicia”.