Trátase dun novo podcast integrado en ‘Conectando Corazóns’ que nace para reflexionar, escoitar e falar sobre a soidade e o illamento social desde diferentes perspectivas.
Este xoves, no Pazo de Trasariz, gravouse o primeiro episodio, coa participación de Miguel Anxo Bastos, profesor e analista especializado en pensamento económico e social.
O programa está coordinado polo psicólogo municipal Sergio Trillo, que será o encargado de conducir e coordinar este espazo de reflexión e conversa.
Unha iniciativa para entender mellor as causas e consecuencias da soidade e preguntarnos que podemos facer, individual e colectivamente, para que ninguén quede atrás.
Porque combater a soidade non desexada é unha responsabilidade compartida. E porque unha comunidade máis conectada é tamén unha comunidade que coida.
