Os traballos, financiados con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña, consistiron na pavimentación en aglomerado en quente de dous treitos, un de 175 metros de lonxitude por 7 metros de ancho e outro de 700 metros cadrados, téndose reparado, de maneira previa, os baches existentes.
Ademais, acometeuse a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias co obxectivo de garantir un drenaxe lonxitudinal e transversal axeitado, fundamental para preservar a durabilidade da vía e mellorar a seguridade da circulación.
A intervención completouse coa sinalización horizontal mediante o pintado de liñas de bordo e dos símbolos viarios, así como coa colocación de sinais verticais, reforzando a seguridade da estrada.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, salientou a importancia de continuar “mellorando a seguridade viaria no noso rural, apostando por infraestruturas que dean resposta ás necesidades da nosa veciñanza, facilitando os seus desprazamentos de maneira segura”.