O Concello de Vimianzo lanza o programa ‘Concilia no Nadal’ para a rapazada de entre 3 e 12 anos

As actividades desenvolveranse os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 e 7 de xaneiro no pavillón para favorecer a conciliación laboral e familiar.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas, aínda que tamén se ofrecerá un servizo de madrugadores de 8:00 a 10:00 horas para aquelas familias que o precisen.

O conxunto de días terá un prezo de 30 euros, aos que haberá que sumar 10 máis no caso de empregar o servizo de madrugadores.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende este luns, 17 de novembro, ata o vindeiro 15 de decembro na Casa da Cultura.

Dende o Concello aseguran que se trata de actividades “fundamentais” para moitas familias “ao facilitar a conciliación laboral de moitos pais e nais”. Ademais, destacan que é “unha gran oportunidade para que a rapazada continúe aprendendo ao tempo que goza de actividades diferentes con outros nenos e nenas”.

Related posts

Carballo aborda o plan de tráfico establecido na Estratexia de mellora e xestión do espazo público urbano

O BNG lamenta a aldraxe á Costa da Morte cos prazos das obras do primeiro tramo do corredor, que rematarán en 2029

O Concello de Zas prepara un completo programa de actividades polo 25N