O Concello de Vimianzo mellora a escola de Castromil cun lavado de cara

1 minutes read
  • Cambiáronse as ventás de ambas fachas e tamén se pintou o interior do edificio

A escola unitaria de Castromil, situada na parroquia de Salto, dalle a benvida ao mes de setembro cunha nova imaxe despois de que o Concello de Vimianzo impulsara varias melloras no centro, como o pintado das paredes interiores e o cambio de ventás de ambas fachadas.

Este espazo está actualmente en uso e acolle a actividade de Escola Unitaria para preto de quince rapaces. Desde a administración local están á espera da autorización para intervir tamén nas fachadas principais, nas que se procederá ás tarefas de pintado e illamento.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, achegáronse este mércores ata o lugar para observar o remate das intervencións e amosáronse «tremendamente satisfeitos co resultado», sendo ademais unha actuación moi demandada pola veciñanza.