Vimianzo, moi presente nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

1 minutes read
  • Este xoves tivo lugar a última sesión dun dos obradoiros, o de Acción de Guerrilla coa produtora Illa Bufarda

O Concello de Vimianzo estivo moi presente na realización dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, financiados pola Deputación da Coruña e que teñen como obxectivo conectar a profesionais do ámbito tecnolóxico co tecido asociativo para experimentar coa creación de contidos dixitais.

Este xoves tivo lugar a última sesión dunha destas actividades, neste caso de Acción de Guerrilla coa produtora Illa Bufarda, no que participaron varias entidades do municipio. No obradoiro de creación audiovisual, impartido por Merenda Creativa, participaron un total de 15 persoas pertencentes a 10 entidades distintas de Vimianzo como Afiprodel, Cruz Vermella, As Curandeiras, O Castelo, Pasatoxos, Cherinkas, Irmandiña, Berdoias, Neira Marcos de Salto e o propio Concello.