O Concello de Vimianzo organiza un roteiro polos Penedos de Pasarela

0 minutes read
  • A cita terá lugar o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 10:00 horas

O Concello de Vimianzo convida á veciñanza a realizar un roteiro pola paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela. A cita terá lugar o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 10:00 horas.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse previamente a través do enderezo electrónico turismo@vimianzo.gal ou no número de WhatsApp 604 036 617.

É aconsellable levar roupa cómoda. Esta ruta entra dentro do catálogo de actividade ‘dog friendly’, polo que podes acudir coa túa mascota.

Cartel andaina Penedos de Pasarela_Concello de Vimianzo