Será o vindeiro luns, 30 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca Municipal, e está pensado para a rapazada de 5 a 10 anos. Trátase dunha actividade para que os máis pequenos e pequenas coñezan a historia do Samaín a través da lectura. Deste xeito, preténdese achegar ás crianzas ás tradicións e ás festividades típicas dun xeito dinámico e participativo. A sesión será impartida por tres persoas de Vimianzo participantes no programa ‘Xuventude con Talento’ que están a realizar as súas prácticas na Casa da Cultura.
Haberá dispoñibles un total de 30 prazas e a inscrición pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura ou a través do código QR do cartel (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScWCRv6seiSZaH3uUFAaD8xMxCYg5uvcpjfPtuj79znO_BStg/closedform). O prazo de inscrición estará aberto desde o mércores, 25 de outubro, ata o luns, día 30.