- O Concello asinou un convenio coa Aula CeMIT para poder realizar os exames universitarios neste espazo
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, trasladoulle á comisión da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) as súas preocupacións sobre algúns servizos esenciais no municipio, como os campamentos de verán, para establecer unha conciliación; o servizo de gardería; as festas populares e os mercados ao aire libre que se celebran cada xoves en Vimianzo, e para o que xa se pediron protocolos de actuación.
Adhesión dun convenio coa Aula CeMIT
Ademais, o Concello de Vimianzo asinou un convenio coa Aula CeMIT para poder realizar os exames de universidade neste espazo, polo que a alcaldesa segue en contacto co sector educativo.
A rexedora destaca a “celeridade coa que debemos tramitar as accións que marquen o noso futuro máis inmediato”.