O Concello de Zas entregou 91 axudas de 1.000 €

1 minutes read

O Concello de Zas vén de facer o pago dos 1.000 euros correspondentes á primeira liña de axudas dirixidas a autónomos/as e microempresas afectadas pola Covid-19. En total son 91 os beneficiarios/as destas axudas postas en marcha polo equipo de goberno de Manuel Muíño e que se financian integramente con fondos municipais.

Esta liña de axudas marca un feito sen precedentes para o Concello de Zas, xa que son as máis importantes concedidas até o momento por este Concello. Ademais, o de Zas é o único municipio das comarcas de Soneira e Fisterra en outorgar axudas económicas directas para paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 entre o seu tecido empresarial. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a “boa acollida” destas axudas nuns momentos tan complicados como están pasando unha boa parte do noso tecido empresarial. “Estas axudas marcan un esforzo sen precedentes para un concello como o noso con menos de 5.000 habitantes inxecta directamente 91.000 euros na súa economía local”, destaca o rexedor. 

Ademais desta liña de axudas directas, o Concello de Zas reforza o seu compromiso coas diferentes entidades empresariais dándolle apoio económico ás iniciativas que están a poñer en marcha para reactivar a economía local. 

lista definitiva dos beneficiarios/as destas axudas pode consultarse a través do Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas.