O 21 de xuño as alumnas e alumnas do CEIP Labarta Pose despedirán o curso académico 2021-2022 cunha xornada de xogos na Carballeira de Baio. Por este motivo, dende o Concello de Zas piden a colaboración de toda a veciñanza para que agarde ata ese día á tarde para reservar os sitios nos que desfrutarán en familia e entre amigos da Festa da Carballeira que se celebra o domingo 26 de xuño.
Como vén sendo habitual, as familias marcan os seus sitios días antes da festa con cintas ou cordeis que supoñen un perigo para os nenos e nenas ademais de entorpecer a súa xornada de xogos. Polo que se hai sitios xa reservados, rogan que se retiren as marcas.
Tal e como sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, a Carballeira é un espazo público aberto a toda a veciñanza polo recorda que é moi importante que se respecte a xornada de ocio da que desfrutarán os nenos e nenas evitando calquera tipo de perigo.