O Concello esíxelle á Xunta que se implique coas instalacións deportivas da cidade

1 minutes read

O concello da Coruña ínstalle á Xunta a que rectifique o «Proxecto de Orzamentos de 2021», que se implique co deporte e que destine máis investimentos a construír e mellorar as instalacións da cidade, ao ser o órgano con competencias exclusivas nesta materia. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que o Goberno autonómico non inclúe apenas partidas nesta área, «o que suporía un abandono total das infraestruturas pola súa parte», que xa en 2020 deixou sen orzamentos. Aínda que non lle corresponde, a edila recorda que o Concello é a única Administración que inviste actualmente no mantemento da maioría destas infraestruturas e atende as principais demandas dentro das súas posibilidades orzamentarias. Ante a nula previsión da executiva de Núñez Feijóo para o ano que vén, «esixímoslle que aumenten as cantidades dirixidas ás instalacións que tanto servizo lle dan á cidadanía», afirmou a edila.