O Concello volve apostar polo comercio local coa campaña “Este Nadal en Carballo”

1 minutes read
  • As compras dos vindeiros días poderán ser recompensadas cunha sesión de autocine ou unha viaxe

“Este Nadal en Carballo” é a nova campaña promovida pola Concellaría de Promoción Económica para reactivar a economía no comercio local. As compras dos vindeiros días poderán ser recompensadas cunha sesión de autocine ou unha viaxe.

A partir deste sábado, 12 de decembro, os tíckets de compra de calquera establecemento comercial do municipio de Carballo, agás alimentación e farmacia, por valor de 20 euros ou máis pode ter premio.

Como podes conseguir praza nunha sesión de autocine?

Tan só tes que dispoñer dun tícket por valor de 20 euros ou máis e presentalo nun dos seguintes puntos de validación: o Museo de Bergantiños, o Mercado Municipal e Biblioteca Rego da Balsa.

Con cada tícket recibirás un boleto cun código que deberás usar na páxina web do programa, que estará operativa a partir da semana que vén, e reservar o teu lugar.

En total haberá nove sesións entre os días 21, 22 e 23 deste mes, e en cada unha delas poderán participar 90 coches. O máximo de persoas por cada vehículo será de 5 conviventes.

Prefires ganar unha viaxe?

Outro dos premios consiste nun sorteo de tres viaxes que as persoas gañadoras poderán gozar cando as condicións sanitarias o permitan. Para participar tan só terás que realizar unha compra por un valor igual ou superior a 30 euros, e introducir o boleto que se che facilitará nun dos puntos de validación.

Con esta iniciativa o goberno local tamén pretende axudar ás axencias de viaxes, un dos sectores máis prexudicados por esta pandemia.