O conflito na fronteira entre Polonia e Bielorrusia complícase

1 minutes read

«Ataque híbrido» ou «unha forma de desestabilizar a Unión», son só algunhas das palabras utilizadas para describir a situación na fronteira entre Polonia e Bielorrusia. Alí, Bielorrusia obrigou a centos de inmigrantes a entrar na UE. Para Polonia, a crise está lonxe de terminar. O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, visitou ao primeiro ministro Mateusz Morawiecki, e abriu a porta para financiar valos anti-inmigrantes con fondos europeos. Varsovia acusa a Bielorrusia de chantaxe. E mentres empeora a crise na fronteira, as temperaturas comezan a baixar, poñendo en perigo centos (ou miles…?) de vidas. A Cruz Vermella é unha das ONGs que solicita o acceso á zona. Os invernos non son fáciles nesta parte de Europa, polo que unha solución rápida á crise podería salvar moitas vidas.