O Congreso aproba a polémica lei Celaá

PEXELS

A Comisión de Educación do Congreso aprobou este xoves a reforma educativa do Goberno, coñecida como lei Celaá ou Lomloe. Agora o ditame está en mans do Senado e, se sae adiante, será a oitava lei educativa da democracia.

O proxecto de lei co que se pretende derrogar a Lomce ou lei Wert foi aprobado cun total de 177 votos a favor (a maioría está en 176), 148 en contra e 17 abstencións. A favor votaron o PSOE, Unidas Podemos, PNV, ERC, Compromís e Máis País Equo; mentres que o PP, Vox, Cidadáns, Coalición Canaria, UPN, Foro Asturias e o Partido Rexionalista Cántabro votaron en contra. Entre as 17 abstencións atópanse os partidos de BNG, Junts per Catalunya, Bildu e Teruel Existe.

5 Claves de lei Celáa

O castelán. A lingua castelá non se vai a suprimir, senón que deixará de figurar no escrito como a lingua vehicular do ensino. Formará un todo xunto ás linguas cooficiais, polo que serán as administracións quen tome cartas no asunto tendo en conta a Constitución e os Estatutos de Autonomía.

Colexios concertados. Eliminarase a «demanda social» para aumentar prazas ou abrir novos centros. As familias non pagarán cotas por recibir ensinos de carácter gratuíto. Ademais, fomentarase desde as Administracións o aumento de centros escolares públicos.

Relixión. A oferta desta materia será obrigatoria pero non será necesario cursar unha alternativa; e a nota non sumará en procesos de acceso á universidade ou a bolsas. Tamén se incluirá unha materia de valores cívicos e éticos en Primaria e Secundaria, facendo especial fincapé na igualdade e os dereitos humanos.

Repetición de curso. Será o equipo docente quen considere que o alumno pase ou non de curso. Ademais, este só poderá repetir un máximo de dúas veces ao longo de Primaria e Secundaria.

Educación especial en centros ordinarios e centros específicos
A lei Celáa establece un máximo de dez anos para que os centros ordinarios consigan os recursos para prestar atención a alumnos con discapacidade. Así, os centros de Educación Especial actuarán como apoio aos primeiros.