O Congreso aproba a tramitación exprés do traspaso da AP-9


O Congreso aprobou a tramitación exprés do traspaso a Galicia da titularidade da AP-9. En calquera caso falta aínda unha fase e a transferencia queda sen efecto pola convocatoria das eleccións e a disolución da Cámara. En Marea denuncia un dobre xogo do PSOE. Asegura que o ministro de Fomento lles comunicou por escrito que o Goberno é partidario de que a AP-9 siga en mans do Estado, e que o fixo despois de votar a favor do debate da transferencia no Congreso.