O debate sobre a regulación integral do cánnabis volve este martes ao Congreso coa admisión a trámite dunha proposición de lei de ERC que demanda o acceso seguro ao cánnabis, tanto no uso terapéutico coma no recreativo. Polo momento, conta co voto a favor de Unidas Podemos e Más País. Nesta ocasión, os socialistas non quixeron avanzar o sentido do seu voto pero de manter a postura de 2021, o asunto converterase noutro punto de confrontación cos seus socios de Goberno.