O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde este venres, estará illado en corentena e traballando desde a casa. Segundo indica no seu perfil de ‘Twitter’, permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por covid na súa contorna persoal. Román Rodríguez explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo. En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e “seguindo as indicacións sanitarias”. “Coidémonos entre todos”, apela o conselleiro.
Quero informar de que desde hoxe estarei illado en corentena e traballando desde a casa. Tras ter contacto cun positivo por covid no meu entorno persoal, veño de realizar unha PCR con resultado negativo. Atópome ben e seguindo as indicacións sanitarias. Coidémonos entre todos