Sanidade lembra a importancia de participar nas campañas de doazón de sangue

1 minutes read

O titular da carteira de Sanidade, Julio García Comesaña, salienta a importancia de participar de xeito activo nas campañas de doazón de sangue, pois Galicia necesita entre 400 e 500 doazóns diarias para cubrir a demanda de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais galegos, e así poder desenvolver con normalidade o seu gran labor asistencial. Recorrendo, por iso, ao altruísmo e xenerosidade da cidadanía galega. Poden doar sangue todas as persoas entre 18 e 65 anos, cun peso superior aos 50 quilos e que non teñan padecido ou padezan enfermidades transmisibles polo sangue. Podendo realizar a doazón nos locais permanentes que hai nas sete grandes cidades galegas ou nunha das dez unidades móbiles que se achegan, durante a semana, a preto de cincuenta concellos de Galicia.