O conselleiro do Mar visitou a confraría de pescadores de Muxía

1 minutes read

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a mobilización que se produciu entre as galegas e galegos para atallar as consecuencias do vertido de pellets desde que o Goberno central, hai unha semana, lle comunicou á Xunta a magnitude real do incidente. Tanto a nivel social, cun importante movemento de voluntarios, como a través dun operativo autonómico onde máis de douscentos efectivos de Gardacostas de Galicia, axentes medioambientais e as brigadas de Tragsa reforzan o traballo de detección, retirada e limpeza dos materiais nos areais que realizan os concellos. Así o sinalou desde Muxía, onde acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a confraría de pescadores desde onde se lle trasladou o enfado destes profesionais ante o alarmismo xerado, sentimento compartido polo conselleiro, pois da unha imaxe que resulta moi negativa e inxusta para este colectivo de traballadores.