O Consello de Ministros aprobou a Oferta de Emprego Público (OEP) correspondente ao ano 2023, que inclúe un total de 39.574 prazas entre os distintos departamentos da Administración Xeral do Estado, a Administración de Xustiza, o Corpo Nacional de Policía, a Garda Civil e as Forzas Armadas.
A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, enmarcou a OEP no fortalecemento do estado do benestar como garantía da igualdade de oportunidades e a protección dos dereitos da maioría social. Montero argumentou que as políticas públicas son “unha rede de seguridade para as persoas” e que a clave da “arquitectura constitucional da que nos dotamos está nos empregados e empregadas públicas deste país, pola súa profesionalidade, dedicación e esforzo, que permitiron superar unha das etapas máis complicadas da nosa historia recente e abordar non só o urxente, senón tamén os retos presentes e futuros”.
A titular de Facenda asegurou tamén que a defensa do emprego público é compatible coa aposta pola creación de emprego estable e de calidade no sector privado, como demostran cífras récord de afiliación á Seguridade Social.