O Constitucional suspende os artigos da Lei do litoral de Galicia recorridos polo Goberno

1 minutes read

O Pleno do Tribunal Constitucional acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central contra diversos preceptos da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. O Tribunal, tras invocar o Goberno no seu recurso o artigo 161.2 da Constitución, suspendeu a vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso (11 de outubro de 2023). Na súa demanda, o Executivo central sostén que os artigos impugnados poderían vulnerar as competencias do Estado por parde da Xunta, ata o punto de incorporar o mar “de maneira unilateral” ao territorio de Galicia. O Executivo aduce ademais que a lei “reduce a protección dos terreos contiguos á ribeira do mar”, alegando que “as comunidades autónomas poden ir máis alá da protección do litoral, pero nunca ir a menos”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?