O coworking do Pazo de Arenaza en Oleiros comeza a súa actividade formativa para emprendedores

1 minutes read

Este evento enmárcase dentro das numerosas actividades formativas e de networking que se realizan dentro do espazo de traballo colaborativo (coworking) do Pazo de Arenaza, cuxa posta en marcha, xestión, coordinación e dinamización enmárcanse dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

O xoves 20 de xuño terá lugar un obradoiro formativo de utilización da ferramenta Trello, analizando fluxos de traballo e algúns principios de produtividade persoal para mellorar a efectividade.

O xoves 27 de xuño celebraráse un evento de networking no que diferentes profesionais que contarán as súas vivencias no entorno laboral nunha charla distendida e amena.

O xoves 4 de xullo celebrase o Día do Orgullo Freelance, no que centos de persoas en coworkings de toda España reuniranse para compartir experiencias, facer networking e celebrar o emprendemento.