50
O Dépor e o fútbol feminino están de parabéns, Galicia volve ter unha representante na elite do balompé nacional. O soño fíxose realidade e o club branquiazul xa camiña pola liga Iberdrola. As mozas de Manu Sánchez venceron por un gol a catro ao Femarguín e non deron opción ao seu rival. O conxunto branquiazul xogará por primeira vez na súa historia en Primeira División.