O Depor non fallará á súa tradicional visita a Vilalba

1 minutes read

Pero antes, este mércores en Abegondo, os branquiazuis enfrontaranse ao Estradense a partir das 19:00 horas no que será o primeiro encontro de preparación como tal. Para a segunda cita da pretempada, o Deportivo visitará un lugar tradicional nos veráns branquiazuis: Vilalba. Aínda que recentemente houbo algún ano que o equipo non pasou pola Magdalena, este ano cumprirá para medirse ao Racing Villalbés o vindeiro sábado a partir das 11:30 horas. Non se especifica aínda se será aberto ao público esta proba en horario matutino. De momento só hai confirmado un amigable máis, o 3 de outubro ante o Bergantiños en As Eiroas, pero é probable que ao longo da semana se anuncie algún encontro máis para a próxima semana, xa que a Fernando Vázquez gústalle xogar cada tres días unha vez arrinca o carrusel de amigables.