32
A Coruña está na Fase 1 da desescalada, pero LaLiga ten os seus propios prazos á hora de marcar a evolución dos adestramentos. Para non favorecer a uns equipos e prexudicar a outros segundo o estado da súa provincia, durante esta semana permitirase unicamente sesións individualizadas. Así o fará tamén o Dépor. A previsión é que o plan de traballo deste luns se repita de forma diaria ata o sábado e non sexa ata o próximo día 18 cando se dea o seguinte paso: adestramentos en pequenos grupos (de ata 8 xogadores).