O Deportivo arrinca con bo pé en LaLiga Smartbank

0 minutes read

O Depor presentouse ante o Real Oviedo coa mesma aliñación que conseguiu o Teresa Herrera e levou os tres puntos grazas a un gol do venezolano Christian Santos no último minuto. Púxose con dous goles de vantaxe grazas aos tantos de Koné e Aketxe, pero o Oviedo reaccionou cun gol de Somma en propia porta, tras un rebote, e ao gol do canteirán Obeng. Finalmente Santos no minuto 89 dálle a primeira vitoria da tempada ao Deportivo de forma xusta e necesaria.